Ficción / Ficción moderna y contemporánea / O LADO NOBRE

O LADO NOBRE

O LADO NOBRE. X PREMIO DE NOVELA CURTA CIDADE CENTENARIA DE RIBEIRA

X PREMIO DE NOVELA CURTA CIDADE CENTENARIA DE RIBEIRA

LOURIDO, IRENE

17,95 €
IVA incluido
Consultar disponibilidad
Editorial:
XERAIS
Año de edición:
2026
Materia
Ficción moderna y contemporánea
ISBN:
978-84-1110-819-5
Páginas:
168
Encuadernación:
Rústica
17,95 €
IVA incluido
Consultar disponibilidad
Añadir a favoritos

Cando o pai da protagonista de «O lado nobre» ingresa no hospital cunha enfermidade autoinmune, dá comezo unha estadía que se prolongará durante meses de incerteza, complicacións e loita pola supervivencia. Entre analíticas, bacterias resistentes, illamentos e a dureza do sistema sanitario, a familia constrúe un refuxio de amor, complicidade e tamén moito humor para resistir nesa delicada situación.
Irene Lourido tece nesta novela un relato persoal e conmovedor, unha crónica íntima sobre os coidados, a dependencia e a fraxilidade da vida. Cun estilo directo e emotivo, os textos máis instrospectivos vanse fundindo con anécdotas de momentos vitais, nun exercicio de memoria e noutro de proxección ante a necesidade de atopar beleza e dignidade nos momentos máis difíciles.
«O lado nobre» é un testemuño valente sobre a enfermidade, pero tamén unha celebración da resistencia humana e da tenra relación entre unha filla e o seu pai, que nos convidan a unha xornada de portas abertas á intimidade que eles dous construíron ao longo dos anos.