ROLLAND, EDUARDO / REY PAN, MANUEL
Sabías que un galego inventou a máquina multiplicadora? E que nos montes de Lugo habitaron mamuts? E que outro galego, de Cotobade, deseñou en 1865 un trebello que adiantaba o fenómeno da voz sintética e as máquinas que falan?
A historia da ciencia, dos inventos, do estudo da natureza e da realidade está chea de pequenos fitos -curiosos uns, abraiantes outros, fantásticos (ou sexa, magníficos) sempre-, que alumean o camiño cara o descoñecido.
Neste libro atoparás 40 historias galegas sobre a que Aristóteles chamaba o desexo humano de saber.